martes, 20 de febrero de 2018

Día da Paz 2018.

A canción que eleximos este ano é: "Quixera", do grupo ourensan Guezos.
Esta canción expresa moi ben todo o que queremos para o noso pobo e as nosas vidas:



Tamén fixemos uns "carameliños da paz".  Son caramelos con ingredientes especiais para suavizar e dar amor.






E para rematar escribimos un desexo na nosa Árbore da Paz:



lunes, 11 de diciembre de 2017

Día Internacional das persoas con Discapacidades.


Para celebrar o Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro) decidimos participar na seguinte actividade en colaboración con outros colexios da Mariña.
Partindo do conto "Está ben ser diferente" de Todd Parr había que crear un video representando dúas ilustracións do conto.
As ilutracións que nos tocaron foron:

"Está ben ter amigos diferentes".




"Está ben ter as orellas largas":



Video completo


jueves, 29 de junio de 2017

DIA DO LIBRO

As actividades que fixemos no cole para esta conmemoración foron as seguintes:

  • O día 21 de abril acudimos á Casa da Cultura para ver a representación "O teatro máis pequeno do mundo" de Santi Prego.

  • O día 27 de abril fixemos "apadriñamentos lectores" xa que é unha actividade que lles gusta moito.



A continuación presentamos "O mandil dos contos". É un mandil con catro petos con preguntas:

CANDO?
ONDE?
QUEN?
QUE PASOU?

En cada peto hai diversas imaxes (estando no peto QUÉN? fotos de cada neno/a do colexio de xeito que eles eran os protagonistas) coas que teñen que ir facendo o conto.








miércoles, 28 de junio de 2017

VISITA DE ANA EXPÓSITO

O día 24 de abril tivemos a gran sorte de ter con nos a Ana Expósito. Mantivemos unha animada charla con ela na que nos contou moreas de cousas acerca do libro que estivemos traballando: "O dente de Clara".
Pero o que máis nos chamou a atención foron todas as aventuras e desventuras polas que pasou como reporteira bélica.
Ao final da visita entregámoslle os agasallos que fixemos sobre a lectura do libro, firmou no libro de visitas do colexio e por suposto cada un dos nosos exemplares...con dedicatoria incluida!.
Unha estupenda experiencia, sen dúbida.

Grazas Ana!.







SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Neste 2017 celebrouse a VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da provincia de Lugo.
Fixemos dous "clubes da lectura" cos textos enviados pola Depuación de Lugo:

  • para os máis pequenos: "Eva, o trasno e o ameneiro".
  • para os maiores: "Salvemos os ameneiros!".















Dende a Deputación de Lugo chegounos un pé de ameneiro que plantamos no colexio para incrementar a presencia de árbores autóctonas así como o respecto pola natureza.
Cada neno/a escribiu un nome para os ameneiros nunha tarxeta que metimos nunha caixiña. Logo do sorteo o ameneiro quedou bautizado como: "Panchista"





EU SON BAND

Para celebrar o día da discapacidade quixemos convidar a Eu Son Band, pero dada a súa apretada axenda non foi posible contar coa súa presenza ata o 9 de marzo.
A "Eu Son Band" é o grupo musical da Fundación "Eu Son", de Burela, integrado por alumnos/as do curso Música e capacidades diferentes.
Nas clases de música ensaiamos con moito entusiasmo o seu himno, para ese día cantalo todos xuntos.
Para quen se anime a cantalo, aquí tedes a letra:








E para rematar entregámoslles un pequeno agasallo que fixemos con moito cariño. Un libriño onde cada neno/a fixo un debuxo sobre sí mesmo acompañándoo dun adxectivo que o define. Aquí tedes unha pequena mostra:




martes, 27 de junio de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar esta data tan sinalada convidamos a nosa biblioteca a Tamara Casabella e Raquel Hermida  dúas grandes mulleres do noso concello.
Mulleres emprendedoras que nos veñen a contar a súa experiencia acerca do proceso de creación da súa empresa TWEVENTO. Tamara, grande admiradora de Frida Khalo cóntanos a vida  e obra   desta artista acompañada de imaxes e diversos libros que trouxo.





Tamén elaboramos murais acerca de "Mulleres galegas ao longo da Historia". As mulleres elexidas foron as seguintes:
Primeiro, segundo e terceiro cursos: Concepción Arenal.
Cuarto curso: Xulia Mingullón.
Quinto curso: María Pita.
Sexto curso: Emilia Pardo Bazán.
Ollade a ver que vos parece: